fibrinóxeno
fibrinóxeno
(< fibrina + -xeno)
s
m
[BIOQ]
Proteína fibrosa soluble do plasma sanguíneo que é a precursora da fibrina que forma o coágulo. A coagulación do sangue é o resultado da hidrólise do fibrinóxeno por un enzima proteolítico, a trombina, que produce monómeros de fibrina que polimerizan formando os coágulos.