fibrose
(< fibra + -ose)
-
s
f
[PAT]
Tipo de dexeneración caracterizada por un aumento ou unha neoformación anormal de tecido conxuntivo, acompañada dun endurecemento deste a partir dos fibroblastos.
-
fibrose pulmonar
[PAT]
Engrosamento fibroso da parede alveolar que impide a difusión de osíxeno e provoca a aparición dunha insuficiencia respiratoria progresiva, acompañada de dispnea, cianose e outros síntomas.
-
fibrose quística
[PAT]
Afección metabólica hereditaria que se transmite de forma autosómica recesiva e que se caracteriza pola anormalidade das secrecións das glándulas exócrinas. O exceso de mucosidade segregada obstrúe as vías, incluídos os intestinos, os bronquios e os condutos pancreáticos, e os niveis de sodio e cloro da suor aumentan constantemente. Tamén se denomina mucoviscidose.
-
fibrose retroperitoneal
[PAT]
Inflamación crónica do espazo retroperitoneal que engloba, sen invadilos, os uréteres, os vasos linfáticos e os vasos retroperitoneais. Tamén se coñece como enfermidade de Ormond.