fíbula

fíbula

(< lat fibŭla)

  1. s f [ARQUEOL]

    Broche, á maneira de imperdible, fabricado mediante forxa ou molde, en bronce, ferro ou noutros metais preciosos. A súa función práctica ten sido a de fixar ou unir prendas de vestir, cortinas ou tapices, mentres que a súa función simbólica foi a de amuleto, a de exvoto ou como indicativo do status. Está composta pola agulla ou o alfinete, a ponte ou arco, a cabeza, o pé, o resorte e a entalla, onde se sitúa a punta da agulla para abrochala. O seu uso parece que se estendeu a partir do II milenio a C dende Escandinavia cara ao Mediterráneo e ás áreas continentais europeas. No mundo mediterráneo utilizáronse ata a época clásica, mentres que no resto de Europa xurdiron as da cultura de La Tène. Na Europa setentrional o seu uso prolongouse dende o inicio da metalurxia ata finais do s XIV, cando se converteu nun ornamento relixioso. Na Península Ibérica empregáronse moito as do tipo La Tène I e II e as de tipo anular hispánicas. Tradicionalmente, en Galicia elaborouse unha tipoloxía na que se estableceron sete tipos de fíbulas: as de Sabroso, as anulares hispánicas, as de La Tène III, as de Santa Luzia, as de Tras-os-Montes, as de traveseiro longo e as de pé con botón.

  2. s f [ANAT]

    peroné.

  3. s f [MICOL]

    Divertículo en forma de gancho orixinado pola célula terminal dunha danxeardia.

Palabras veciñas

fibroso -sa | fibrotórax | fibrovascular | fíbula | fibulado -da | fibular | ficar