ficha
(< fr fiche)
-
s
f
-
Peza pequena, xeralmente delgada ou plana, á que se lle asigna un valor ou unha función convencional.
Ex: Perdeu a ficha do gardarroupa. Foi ó bingo e xogou dez fichas de trinta euros.
-
Peza pequena, xeralmente de plástico ou metal, que serve para facer funcionar certos aparatos.
Ex: Foi comprar fichas para o teléfono. Deume dúas fichas para ir nos coches de choque.
-
Peza pequena que os distintos participantes empregan en certos xogos como o parchís, o dominó e as damas.
Ex: Claudia sempre quere as fichas azuis cando xogamos ó parchís.
-
-
s
f
-
Papel ou cartolina, xeralmente de tamaño reducido e rectangular, onde se anotan datos sucintos sobre un tema, libro ou similar, e se ordenan e arquivan para a súa posterior dispoñibilidade de consulta.
Ex: Foi consultar as fichas da policía para buscar o ladrón.
Confrontacións: historial. -
[BIBLIOT]
Rectángulo de cartolina ou de papel resistente onde van consignados os datos esenciais que identifican un libro ou calquera outro documento. É a base de calquera traballo intelectual pero ten a súa máxima aplicación nos catálogos das bibliotecas. Coa automatización destas, as realizadas en formato papel tenden a substituírse por rexistros bibliográficos. Clasifícanse en principais, que van encabezadas polo nome do autor e conteñen a descrición da obra (autor, título, pé de imprenta e colección); e secundarias, encabezadas polo tradutor, o prologuista ou o título, ou tamén polo termo alfabético da materia da obra. Existen, ademais, os rexistros de referencia que envían dun encabezamento a outro dentro do mesmo catálogo. Segundo o seu contido pódense diferenciar as descritivas, que só conteñen a descrición bibliográfica, e as analíticas, que inclúen un breve resumo da obra.
-
-
[COMUN]
-
ficha de anunciante
Formulario no que se recollen os datos que unha axencia de publicidade precisa sobre o seu cliente. Esta mesma información adoita ser requirida polas canles televisivas á hora de realizaren calquera inserción publicitaria.
-
ficha técnica [ingl: survey snapshot]
Formulario que acompaña os anuncios televisivos cada vez que se van inserir nunha determinada canle.
-
ficha de anunciante