ficobilina
ficobilina
(< fico- + lat bile + -ina)
s
f
[BIOQ]
Tetrapirrol de cadea aberta, ligado a proteínas, que está presente nas cianobacterias e que funciona como pigmento accesorio na fotosíntese. Hai distintos tipos de ficobilinas, entre as que están as ficocianinas, de cor azul, e as ficoeritrinas, de cor vermella.