ficomiceto
ficomiceto
(< fico- + -miceto)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ficomicetos.
-
s
m
[FUNGO]
Fungo do grupo dos ficomicetos.
-
s
m pl
[FUNGO]
Grupo de fungos de talo unicelular ou formado por un micelio filamentoso sen septos. É un grupo primitivo e heteroxéneo, posiblemente orixinado a partir de flaxelados heterotróficos. Habitan no medio acuático ou no solo húmido, como saprófitos ou parasitos, pero nos grupos máis evolucionados teñen tendencia a adaptarse ao medio aéreo.