fideicomiso
(< lat fideicommissu)
-
-
s
m
Disposición segundo a cal unha persoa, en testamento ou en capítulos matrimoniais, deixa todos os seus bens ou unha parte a outra persoa co encargo de que os conserve e os transmita a un terceiro, chamado fideicomisario. O fideicomiso é unha categoría xurídica elaborada polo dereito romano que permite un mantemento da solidariedade e do patrimonio familiar.
-
fideicomiso de elección
Modalidade fideicomisaria caracterizada porque o herdeiro fiduciario posúe a facultade de poder escoller, entre as persoas designadas polo causante, quen entra na herdanza en calidade de fideicomisario, ou tamén a de poder distribuír libremente a herdanza entre as persoas designadas polo causante como os herdeiros fideicomisarios.
-
fideicomiso de residuo
Modalidade fideicomisaria caracterizada porque o primeiro beneficiario (o herdeiro ou legatario fiduciario) ten unhas facultades dispositivas máis amplas ca as dun fiduciario normal.
-
fideicomiso singular
[DER]
Fideicomiso que consiste no encargo feito ao herdeiro por parte do testador de legar unha cousa determinada a un terceiro.
-
fideicomiso universal
[DER]
Fideicomiso segundo o que o herdeiro ten que transmitir toda a herdanza a un terceiro, aínda que ten dereito á súa parte lexítima.
-
s
m
-
s
m
[DER]
-
Tutela á que se somete un territorio en virtude dun acordo internacional, pola cal a súa administración correspóndelle a un estado estranxeiro ou organización internacional. O fideicomiso establécese baixo a autoridade da Asemblea Xeral das Nacións Unidas e réxese pola regulamentación establecida na Carta das Nacións Unidas. Os obxectivos da administración son o fomento da paz e a seguridade internacional, a promoción do progreso social e material do territorio baixo fideicomiso e o desenvolvemento dun proceso de independencia dos pobos interesados nunha relación de respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais. O fideicomiso remata cando o territorio accede á independencia ou cando o administrador (fideicomisario) renuncia a el.
-
Territorio sometido á tutela dun estado extranxeiro.
-