fiducial
fiducial
(< fiducia)
-
adx
Relativo ou pertencente á fiducia.
-
fe fiducial
[RELIX]
Expresión que designa a peculiar comprensión reformada, pola que a fe que xustifica equivale á total confianza do corazón no perdón divino, outorgado en Cristo, a pesar da permanencia do pecado no home. A análise luterana do acto de fe, que o presenta como composto de coñecemento (notitia), asentimento libre (assensus) e confianza (fiducia), subordina os dous primeiros compoñentes a este último.