Filamón

Filamón
[MIT]

Poeta e adiviño, fillo de Apolo. Atribúeselle o invento dos coros de doncelas. Foi amante da ninfa Arxíope, pero cando esta quedou embarazada abandonouna, de xeito que tivo que marchar para Calcídica onde daría a luz a Támiris. Cando o pobo de delfos foi atacado polos frexieos, acudiu na súa axuda acaudillando un exército arxivo, e morreu na batalla.

Palabras veciñas

filame | filamento | filamentoso -sa | Filamón | filandra | filantropía | filantrópico -ca