Filemón, carta a
Filemón, carta a
Epístola de san Paulo, a máis pequena das que se conservan, a un cristián colosense chamado Filemón, que forma parte do Novo Testamento da Biblia. San Paulo escribiuna en cativerio, en Roma ou en Cesarea. Nela informa a Filemón que atopou en Roma a Onésimo, o seu escravo fuxido, e que o bautizou. Conforme á lei romana san Paulo enviouno de regreso co seu amo, pero pediulle a este que o considerara un irmán cristián. Neste texto, a escravitude, un dos fundamentos da estrutura económica do mundo antigo, non se cuestiona de xeito radical, pois impera o respecto á legalidade, aínda que se manifesta a mensaxe de irmandade entre os cristiáns.