financeiro -ra

financeiro -ra

(< financiar)

  1. [ECON]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ás finanzas.

    2. economía financeira

      Análise das necesidades e dos recursos financeiros dun sistema económico así como das medidas pertinentes para a súa adecuación.

    3. sistema financeiro

      Conxunto de institucións a través das que se canalizan as dispoñibilidades de fondos cara ao crédito e ao investimento distinto do autofinanciamento. Nos países capitalistas, as operacións destas institucións inflúen directamente sobre o nivel de actividade das súas economías, e o banco central ten a misión de regular e de coordinar as súas operacións.

  2. adx

    Que financia.

  3. s [ECON]

    Persoa que se dedica a operacións financeiras.

Palabras veciñas

finamento | Fiñana | financeira | financeiro -ra | Financial Times | financiamento | financiar