fino -na

fino -na

(< fin)

  1. adx
    1. Que ten pouco grosor.

      Ex: Precisa un arame fino para desatoar o cano.

    2. Que é aguzado.

      Ex: Escribe cun lapis de punta fina. As abellas teñen un fino ferrete.

    3. Que está formado por partículas moi pequenas.

      Ex: Relou o queixo moi fino para botarllo ós macarróns. Aquí hai praias de fina area.

    4. Que está formado por unha estrutura tupida ou de furados pequenos.

      Ex: As redes moi finas non deixan fuxir os peixes pequenos. Pasou a fariña por unha peneira fina.

  2. adx

    Que presenta unha superficie sen asperezas.

    Ex: A pesar dos seus anos aínda mantén fina a cute.

    Sinónimos: suave.
  3. adx
    1. Que é de boa calidade.

      Ex: Puxo as flores nun vaso de porcelana fina.

    2. Que é de gran pureza.

      Ex: Leva un colar de prata fina.

    3. Que foi elaborado con coidado e esmero.

      Ex: O reloxeiro fíxolle un fino traballo ó amañarlle o reloxo de peto.

    4. Que demostra gran precisión e exactitude.

      Ex: Pesaron os diamantes cunha balanza fina.

  4. adx

    Que está ben proporcionado ou que ten as faccións delicadas.

    Ex: Desfilaron modelos de corpo fino e elegante.

    Confrontacións: grácil, lanzal.
  5. adx

    Que ten bo gusto ou un gusto esixente.

    Ex: É moi fino para a comida e só merca produtos de primeira calidade.

    Antónimos: vulgar.
  6. adx

    Que manifesta boa educación e cortesía no trato.

    Ex: Es moi pouco fino preguntándolle esas cousas en público.

    Sinónimos: cortés.
  7. adx

    Aplícase aos sentidos ou ás calidades de gran exactitude.

    Ex: Ten un fino oído para a música. Os cans teñen un fino olfacto.

  8. adx

    Aplícase ao son ou á voz agudas e vibrantes.

  9. adx

    Que comprende ou aprende con rapidez.

    Ex: Xa na escola se vía que era un neno moi fino.

    Sinónimos: perspicaz, sagaz.
  10. adx

    Aplícase á persoa arteira ou os seus feitos.

    Ex: Ten coidado con eles, que son moi finos e nunca sabes o que pretenden.

  11. adx e s m [ALIM]

    iño seco, pálido e cunha gradación alcólica entre 15 e 17 graos. Elabórase, principalmente, no sur de España.

  12. adv

    Con fineza ou finura.

    Ex: Só falaba fino cando se atopaba en certos ambientes.

Palabras veciñas

Finney, Albert | Finnmark | Finnmark | fino -na | finoco | Finoglio, Paolo | finorrio