firme

firme

(< lat v *firme, de firmu)

  1. ariante do antropónimo Firmino.

  2. adx
    1. Que non se move porque está ben suxeito ou apoiado.

      Ex: Asegurádevos de que a escada estea ben firme antes de subir.

    2. Que ten dureza e consistencia.

      Ex: O exercicio axudáballe a manter os músculos firmes e fortes.

      Confrontacións: consistente.
    3. Que non treme nin varía.

      Ex: Cortou os filetes con man firme.

  3. adx
    1. Que non se deixa dominar nin influír.

      Ex: Está extremadamente firme nas súas convicións. Houbo unha resolución firme por parte da comisión.

    2. Que non cambia nin se altera.

      Ex: Mantivo firmes os lazos que o unían coa familia a pesar de estar tan lonxe.

    3. Que non se conmove nin se deixa levar polas emocións.

      Ex: Pensou que se mantería firme, pero rompeu a chorar.

  4. [BÉL]
    1. adx

      Aplícase ao soldado posto de pé, erguido, cos talóns xuntos e os brazos estirados pegados ao corpo.

      Ex: Puxéronse firmes cando pasou o capitán.

    2. interx ¡firmes! interx

      oz de mando coa que se ordena poñer firme a un soldado.

  5. s m [CONSTR]
    1. Capa sólida de terreo sobre a que se pode cimentar cunha construción.

    2. Capa de grava colocada para afirmar unha estrada, un camiño, etc.

  6. adv

    Con firmeza.

    Ex: Camiñaba firme cara á saída.

Frases feitas

  • Con man firme. Con decisión e autoridade. Ex: Leva a dirección con man firme.

  • De firme. Con moita intensidade. Ex: Estudiou de firme para aprobar o exame.

  • En firme. De xeito definitivo. Ex: Xa saíu unha sentenza en firme sobre ese caso.

  • Poñer firme a alguén. Reprender ou chamarlle a atención a alguén.

Palabras veciñas

firmamento | firmante | firmar | firme | firme | Firme | firmeza