fisiocracia

fisiocracia

(< fisio- + gr κρατία, deκράτος ‘dominio, poder’)

s f [ECON]

Doutrina do pensamento económico aparecida en Francia na segunda metade do s XVIII como reacción fronte ao mercantilismo imperante. Achegaba a primeira teoría socioeconómica global, especificada na Tableau économique (Tabla económica, 1758) de François Quesnay. Os fisiócratas consideraban a terra como fonte orixinal de toda riqueza; a agricultura era o único sector capaz de producir un excedente ou unha riqueza (produto neto), mentres que a industria e os servicios eran sectores exclusivamente transformadores. Foi o primeiro modelo económico que definiu a interdependencia entre as diferentes clases sociais, que dividiron en tres grupos: agricultores, propietarios e a que denominaban clase estéril. Afirmaban a existencia dunha orde natural que consistía na liberdade e na propiedade e que non debía ser alterada con normas ou regulamentos; teoría expresada na famosa frase “Laissez faire, laissez passer, le monde va de lui-même”. Foron outros fisiócratas destacados, o conde de Mirabeau, Pierre S. Dupont de Nemours e Jacques Turgot.

Palabras veciñas

fisidáctilo -la | físil | fisio- | fisiocracia | fisiócrata | fisiocrático -ca | fisiognomía