Fisterra, Cabo

Fisterra, Cabo

Cabo do litoral atlántico, situado na parroquia e concello de Fisterra, que se considerou na Antigüidade o punto máis occidental do mundo (Finis Terrae). Constituído por rocha granítica, é o vértice dun tómbolo unido ao continente por depósitos pleistocénicos. A súa condición atribuída de Occidente (onde fina o sol) do mundo antigo, levouno a converterse nun lugar moi significado nas rutas esotéricas. No apoxeo das peregrinacións xacobeas, os peregrinos, despois de visitar o sepulcro de Santiago, prolongaban a súa viaxe ata Fisterra para completar un percorrido telúrico-relixioso de raíces pagás.