fitocromo

fitocromo

(< fito- + -cromo)

s m [FISIOL]

Pigmento proteínico vexetal, presente en pequenas cantidades en moitos órganos, que estimula o crecemento e o desenvolvemento en resposta á presenza ou ausencia de luz, á súa calidade e ao fotoperíodo. É unha proteína propia do grupo das cromoproteínas, que existe en dúas formas, unha activa, que se forma durante o día, e unha inactiva, que se forma durante a noite.