fitohormona
fitohormona
(< fito- + hormona)
s
f
[BIOQ]
Hormona vexetal. As fitohormonas realizan a súa acción nun lugar diferente de onde se sintetizan e actúan controlando o desenvolvemento dos vexetais. Existen dous grandes grupos de fitohormonas: as promotoras do desenvolvemento (auxinas, citoquininas e xiberelinas) e as inhibidoras (ácido abscísico e etileno).