fitotoxina

fitotoxina

(< fito- + toxina)

s f [BIOQ]

Calquera das substancias fitotóxicas producidas por axentes parasitos, que inducen algún dos síntomas que usualmente causan os patóxenos vivos. Non son específicas para o hospedeiro e non existe relación entre a produción de toxinas e o poder patóxeno do axente causante da enfermidade. O ácido alternárico é un exemplo típico de fitotoxina.