flabelo

flabelo

(< lat flabelu)

  1. s m [ARTE/RELIX]

    Abano de espolín, de mango longo, símbolo da soberanía. Portada polos escravos na comitiva dos seus señores, foi usado en Mesopotamia e Exipto. Coñecido no mundo grecorromano, introduciuse na celebración litúrxica cristiá como atributo propio do diácono e no séquito do papa. Aínda é un obxecto litúrxico das igrexas de rito oriental.

  2. s m [BOT]

    ripidio.