flap*

flap*
s m [AERON]

Cada unha das superficies de control da á dun avión que, mediante a variación do ángulo que forman coa superficie principal desta, incrementan ou diminúen a superficie efectiva e a curvatura do perfil da á e modifican, deste xeito, o coeficiente de sustentación. O uso dos flaps permite diminuír a carreira no momento de elevarse o avión, acurtar a traxectoria de aterraxe e, en xeral, voar máis lento sen perder sustentación. Os flaps do ángulo de saída teñen ás veces, ademais, un movemento de translación en sentido lonxitudinal do avión. Os flaps do ángulo de ataque son moito menos usuais ca os anteriores.

Palabras veciñas

flanqueo | flanquis | flanquisado -da | flap* | flapping tremor* | flare* | Flariz