flash*

flash*
    1. s m [IMAX]

      Fonte de luz artificial que proporciona unha iluminación breve, brillante e intensa, aproximadamente da mesma temperatura de cor ca a luz natural.

    2. flash aberto [IND/ARTE]

      Disparo do flash que se efectúa no momento no que o obturador permanece na posición B. O flash pode dispararse tantas veces como sexa preciso antes de que se peche o obturador, do mesmo xeito que acontece coa técnica de pintado con luz.

    3. flash de anel [IND/ARTE]

      Flash con forma circular que se coloca ao redor do obxectivo.

    4. flash dedicado [IND/ARTE]

      Flash especializado e deseñado para ser empregado cunha cámara ou cun grupo de cámaras concretas.

    5. flash múltiple [IND/ARTE]

      Emprego de máis dun flash ao mesmo tempo ou de varios disparos dun flash co obturador aberto.

  1. s m

    Avance dunha noticia moi breve e xeralmente importante que se transmite con prioridade por radio ou televisión.

    Ex: Interromperon a película para ofrecer un flash informativo.

  2. s m

    Noticia periodística de última hora que chega a unha redacción.

  3. s m

    isión de moi pouca duración dun plano, escena ou imaxe.

    Ex: O luns emitiron uns flash sobre a vida de Marilyn Monroe.

  4. s m

    Impresión sorprendente e inesperada.

    Ex: Deume un flash cando descubrín que os meus amigos planeaban unha festa sorpresa polo meu aniversario.

  5. [COMUN]
    1. s m

      Elemento de deseño gráfico que se introduce nun anuncio para resaltar unha condición especial dese produto ou servicio, como poden ser ofertas, promocións ou prezos.

    2. flash de punto de venda

      Elemento de deseño gráfico en soporte cartel, que se coloca no punto de venda do produto ou servizo coa finalidade de comunicar ao consumidor algunha condición especial do mesmo.

Palabras veciñas

flapping tremor* | flare* | Flariz | flash* | flashback* | flashforward* | Flashy Pig, The