Flavia

Flavia

Nome que recibiron dúas dinastías de emperadores romanos. A primeira estaba formada polos descendentes do centurión Tito Flavio Petro, que combateu xunto a Pompeio en Farsalia e contou entre os seus membros co Emperador Tito Flavio Vespasiano (69-79). Sucedérono á fronte do Imperio os seus fillos Tito (79-81) e Domiciano (81-96). A segunda dinastía Flavia, que non tiña relación coa primeira, era de orixe iliria e foi iniciada polo Emperador Constancio I Cloro (305-306). Sucedeuno o seu fillo Constantino o Grande (312-337), que fundamentou o réxime político do Imperio Romano na herdanza e no dereito divino, e declarou o cristianismo a relixión oficial do Imperio. Pertenceron tamén a esta dinastía Constantino II (337-340), Constancio II (337-361), Constante (337-350) e Xuliano o Apóstata (361-363).

Palabras veciñas

flavantreno | flavedo | flavescente | Flavia | Flavia Lambris | Flaviano | Flaviano, san