Flavio/Flavia

Flavio/Flavia
[ONOM]

Antropónimo que ten a súa orixe no xentilicio latino Flavius, e este á súa vez procede do cognome Flavus, que se aplicaba ás persoas louras. A esta gens pertenceron os emperadores Vespasiano, Tito e Domiciano (69-96), amais de Cneo Flavio, liberto de Appio Claudio o Cego. Pode tratarse dun nome de orixe topónimica, ao remontarse á antiga vila romana Iria Flavia. No santoral aparecen santa Flavia, virxe romana martirizada en Mesina (543), e Flavia Domitila, virxe e mártir executada en Roma coas súas escravas. A súa festividade celébrase o 5 de outubro.

Palabras veciñas

flavio -via | Flavio Filóstrato | Flavio, Cneo | Flavio/Flavia | Flavion Avia | flavo -va | flavoenzima