flebite
flebite
(< fleb- + -ite)
s
f
[PAT]
Proceso inflamatorio nun segmento do sistema venoso. A inflamación da parede venosa pode ir acompañada da formación dun trombo sanguíneo intimamente adherido e recibe, neste caso, o nome de tromboflebite. Caracterízase por unha hipersensibilidade do lugar afectado, a miúdo con arrubiamento e edema. Tamén pode producir febre e dor.