Florida, casa da

Florida, casa da

Construción situada en Sanxenxo. Pertenceu aos señores do pazo da Torre de Miraflores, aos duques de Terranava e aos marqueses de Llanos. Ten planta rectangular con baixo e piso. Na fachada L destaca unha escaleira que conduce a unha galería arquitrabada, que na parte baixa forma un soportal con tres arcos. Está rodeada por un muro de pedra con dous portais de acceso.