floxisto
floxisto
(< gr ϕλογιστός ‘queimado’)
s
m
[QUÍM]
Substancia hipotética postulada por G. E. Stahl a finais do s XVII para explicar a combustión, a calcinación dos metais, a respiración, a fermentación e a putrefacción. A teoría do floxisto foi a reformulación científica do antigo principio do lume. Segundo Stahl, o floxisto formaba parte de todas as substancias combustibles ou transformables pola calor e desprendíase ao queimalas ou calcinalas, e permitía que os óxidos se retransformasen en metais ao quentalos con carbón. Esta teoría non perdeu vixencia ata a aparición da teoría da oxidación de A. L. Lavoisier.