fluorar

fluorar

(< fluor)

  1. v t [QUÍM]

    Adicionar pequenas cantidades de sales de fluor á auga potable para mellorar a resistencia á carie dental e evitar posibles patoloxías nos dentes. Emprégase NaF, Na 2 SiF 6 , HF e, principalmente, CaF 2 , a causa da súa alta solubilidade. O fluor incorpórase ao fluorapatito dos dentes en crecemento e reduce a incidencia da carie.

  2. v t [QUÍM]

    Someter unha substancia ou un composto a unha reacción de haloxenación con fluor, na que se introduce un ou máis átomos de fluor nunha molécula, especialmente nunha molécula orgánica.