fluoruro

fluoruro
s m [QUÍM]

Composto binario de fluor con outros elementos metálicos ou non metálicos. Os fluoruros que se forman con elementos metálicos de número de oxidación inferior ou igual a 4 son de tipo salino; os de elementos non metálicos e os metálicos de valencia máis alta son xeralmente compostos volátiles. O fluoruro de calcio (CaF2) emprégase como fundente na metalurxia e na fundición do vidro, e tamén na obtención do ácido fluorhídrico. O fluoruro de hidróxeno (HF) é de especial importancia na metalurxia do uranio. O fluoruro de sodio (NaF) emprégase como insecticida, na preparación de esmaltes e funxicidas, como axente preservador de madeiras e tamén para fluorar a auga. Os hexafluoruros de uranio (UF6) e de plutonio (PuF6) constitúen unha posible vía de eliminación dos produtos de fisión e de recuperación do plutonio contido nos combustibles nucleares irradiados. Numerosos compostos fluorados binarios (ClF3, ClF5, OF2, N2F4) empregáronse como propergois para a propulsión de foguetes e de mísiles.