focal
focal
(< foco)
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao foco.
Ex: Hai que calcular a distancia focal deste sistema óptico.
-
corda focal dunha cónica
[MAT]
Corda que, nunha cónica, pasa por un dos focos.
-
distancia focal dunha cónica
[MAT]
Distancia dende o centro dunha cónica ata un dos focos.
-
distancia focal imaxe
[FÍS]
Distancia que hai nun sistema óptico do punto principal imaxe ata o foco imaxe.
-
distancia focal obxecto
[FÍS]
Distancia que, nun sistema óptico, vai do punto principal obxecto ata o foco obxecto.
-
eixe focal dunha cónica
[MAT]
Eixe de simetría da cónica que contén o fondo ou os focos.
-
plano focal imaxe
[FÍS]
Plano normal ao eixe óptico dun sistema óptico no foco imaxe.
-
plano focal obxecto
[FÍS]
Plano normal ao eixe óptico dun sistema óptico no foco do obxecto.
-
adx
-
s
f
[FÍS]
Recta sobre a que se apoian os raios dun feixe luminoso.
-
focal curta
[IND/ARTE]
Obxectivo da lonxitude focal máis curta ca a diagonal do formato da película que se está a empregar.