focha
focha
-
s
f
-
Cavidade que hai nun terreo, especialmente un camiño ou estrada.
Ex: A estrada está chea de fochas e é imposible ir a máis de 50 km por hora.
Sinónimos: fochanca. -
Oco natural dunha rocha, lousa, etc, onde se forma unha pequena poza debido á auga da chuvia, do mar ou do río.
Ex: A focha non era moi grande, pero puidemos darnos uns baños.
Sinónimos: poza.
-
-
-
s
f
Burato que se fai na terra, na maioría dos casos, para certos xogos.
Ex: Fixeron unha focha na terra para xogar ás bólas.
Sinónimos: focho. -
xogo das fochas
Xogo infantil que consiste en introducir unhas bólas nun oco feito no chan.
-
s
f
-
s
f
Oco pequeno que teñen algunhas persoas no queixo ou que lles sae nas fazulas ao rirse.
Ex: Á nena saenlle dúas fochiñas cando ri.