Folgueira

Folgueira
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estableceu na Torre de Folgueira, Outeiro de Rei, e que entroncou ca os Cornide. As súas armas traen, en campo de goles, unha cruz de prata recortada. Algúns levan escudo partido: primeiro, en campo de azul, con trece estrelas de ouro; segundo, en campo de ouro, con cinco paneis de sinople; bordo de goles, con oito aspas de ouro. Outra variante recolle, en campo de azul, un escusón de ouro, cunha banda de goles.