Follas de Resistencia Poética

Follas de Resistencia Poética
[PUBLIC]

Colección de poesías formada por catro números que editou o colectivo Rompente entre 1976 e 1977. Neles incluíronse creacións dos membros do colectivo e doutros autores que compartían os mesmos principios de renovación literaria e compromiso ideolóxico. O primeiro número inseriu o poema “Reclamo a libertade pró meu pobo”, de Heriberto Bens; o segundo tres elexías en homenaxe a Moncho Reboiras; o terceiro reproduce tres poemas e leva na contraportada o mapa de Galicia coa bandeira nacionalista; e o cuarto reivindica a celebración do 25 de xullo como día da patria galega.