Follas Roxas

Follas Roxas
[PUBLIC]

Boletín de tendencia marxista en galego editado en 1978. Subtitulouse “Voceiro da LCR-ETA (VI)” e ía asinado polo Comité de Galicia da LCR-ETA VI (IV Internacional). Trátase dunha publicación de modesta factura que posiblemente se editou na clandestinidade. Os seus contidos resúmense nun só artigo, de ampla extensión, que contén críticas de carácter político á ditadura, á monarquía e á burguesía e a todos os partidos de ámbito estatal.

Palabras veciñas

Follas Novas | Follas Novas | Follas Novas | Follas Roxas | Follas Secas | follata | follatear