Folón e do Picón, muíños do
Folón e do Picón, muíños do
Conxunto de máis de 30 muíños conservados no Rosal. Sitúanse en ringleira sobre a ladeira dunha montaña para poder aproveitar mellor a forza motriz dos saltos de auga. O muíño máis antigo construíuse, segundo unha inscrición do lintel, en 1702. Todos teñen planta rectangular coas paredes feitas de cachotería ou cantería. Accédese a eles a través dunha camiño de sendeirismo sinalizado. Foron declarados Ben de Interese Cultural en 1998.