fon
fon
(< gr ϕωνή ‘voz’)
s
m
[METROL]
Unidade de medida da intensidade da sensación sonora que ten en conta o feito de que a sensibilidade do oído humano varía coa frecuencia do son. O número de fonios dun son é igual ao de decibeis doutro son, de 1.000 Hz, que produce a mesma sensación de sonoridade para un oído estándar.