fonoloxización
fonoloxización
(< fonoloxía)
s
f
[LING]
Proceso diacrónico de transformación fonolóxica polo que se crea unha nova oposición fonolóxica ou distintiva no sistema fonolóxico dunha lingua. Por exemplo, do paso do latín clásico ao latín vulgar produciuse a desfonoloxización da cantidade a prol da pertinencia do timbre: as vocais longas convertéronse en fechadas (lat VĒNIT > ‘el veu’) e as breves en abertas (lat VĔNIT > ‘el vén’).