fonón

fonón

(< fon- + 2 -ón)

s m [FÍS]

Cuanto da enerxía de vibración dunha rede cristalina. Tanto as ondas sonoras como as vibracións térmicas dun cristal están formadas por fonóns. Case todos os conceptos aplicables aos fotóns pódense aplicar tamén aos fonóns. Pódense propagar nun medio por paquetes de ondas e cuantificarse cunha enerxía hv, onde h é a constante de Planck e v a frecuencia vibracional.