Fontainebleau, Tratados de

Fontainebleau, Tratados de

Acordos asinados na cidade francesa de Fontainebleau en 1743, 1807 e 1814. O primeiro foi o segundo dos Pactos de Familia. O segundo, asinado entre Godoy e Napoleón, o 27 de outubro de 1807, estableceu a ocupación e partición de Portugal, de xeito que o N pertencería ao rei de Etrutia, neto de Carlos IV; as provincias de Alentejo e Algarve pasaban a mans de Manuel Godoy, primeiro ministro español; e o resto de Portugal estaría administrado polos dous países, Francia e España. A presenza das tropas francesas en España deu lugar, sen embargo, á guerra con Francia. O 11 de abril de 1814 pactouse a situación de Napoleón, trala súa abdicación.