Fontenay, abadía de

Fontenay, abadía de

Abadía cisterciense do departamento da Côte-d’Or (Francia). Fundouna en 1118 san Bernaldo no lugar dunha antiga ermida do s XII. Foi abadía real e suprimírona en 1791. Trátase dunha das mellores mostras da arquitectura cisterciense.