foque

foque

(< neerl fok)

s m [MAR]

Nome xenérico de todas as velas triangulares que se pechan entre o pau de proa e o bauprés ou os botalóns dunha embarcación. Polo xeral, empréganse só tres foques, o foque grande, o foque segundo e o foque pequeno ou papaventos. En determinadas circunstancias ízase o foque voante, en tempos de bonanza, e o foque de capa, dunhas reducidas dimensións e moi resistente, no caso de mal tempo; nas regatas emprégase o spinnaker.