forestal
forestal
(< lat tardío forestāle)
-
adx
Relativo ou pertencente ao bosque ou á foresta.
-
recursos forestais
[ECON]
Produtos que se extraen do bosque para a súa industrialización e comercialización. O máis importante dos recursos forestais é a madeira, cos seus derivados e produtos manufacturados. Malia a importancia económica da industria que utiliza a madeira, esta diminuíu notablemente debido á competencia dos materiais sintéticos, aos metais e ao cemento. Nos últimos anos aumentou a demanda de aglomerados e contrachapados de madeira, así como tamén a do papel e a da pasta de papel.