formaldehido

formaldehido

(< form- + aldehido)

Nome científico: [metanal: HCHO]
s m [QUÍM]

Primeiro termo da serie homóloga dos aldehídos alifáticos, descuberto en 1868 por A. W. Hofman. É un gas soluble en auga, sufocante e inflamable, que se polimeriza e produce unha serie de glicois polioximetilénicos. Reacciona co fenol, a urea e a melanina, e dá derivados hidroximetilénicos (-CH2 OH) que por policondensación producen resinas fenólicas, ureicas e melanínicas. Emprégase na fabricación de resinas sintéticas, na industria téxtil e do papel, en curtume, en tintorería e como desinfectante e insecticida. Tamén recibe o nome de aldehido fórmico.

Palabras veciñas

formación | formador -ra | formal | formaldehido | formaleta | formalidade | formalina