Formigueiro, castelo de ou castelo de Alba de Búbal
Formigueiro, castelo de ou castelo de Alba de Búbal
Antiga fortaleza situada en San Pedro de Trasalba (Amoeiro). Fortaleza real, foi un dos castelos que Afonso IX deu en dote a dona Berenguela. Foi unha posesión disputada entre os seus propietarios e o mosterio beneditino de Santa Comba de Naves. Destruído durante a Segunda Guerra Irmandiña, foi reconstruído e mantívose en pé ata comezos do s XIX.