formol

formol

(< form- + -ol)

s m [QUÍM]

Solución acuosa ao 40% en peso de formaldehido, xeralmente estabilizada co 10-15% de metanol, que evita a súa polimerización. É un forte axente redutor. Emprégase como desinfectante de vivendas, de barcos e de utensilios, como xermicida e funxicida de vexetais, e en fotografía como endurecedor.

Sinónimos

Palabras veciñas

formilación | formilo | formio | formol | formón | Formosa | Formosa