Fornelos, Batalla de

Fornelos, Batalla de

Contenda que tivo lugar en Fornelos (Valga) no 968 e na que se enfrontaron as tropas de Sisnando, bispo de Iria, contra os invasores normandos. No trancurso da batalla os normandos deron morte ao bispo e derrotaron as súas tropas.