Foro de Sada
Foro de Sada
[ESPECT]
Colectivo de debate e reflexión teatral creado en 1999 por Eduardo Alonso, Xulio Lago, Luma Gómez, Antonio Simón, Miguel Pernas, Xosé Manuel Rabón, Damián Villalaín, Gustavo Pernas, Antonio Durán Morris e Manuel F. Vieites. Amais dun manifesto programático que contiña un conxunto de medidas para a mellora das artes escénicas, deron a coñecer diversos documentos relacionados coa situación e perspectivas da produción, exhibición, distribución e outros aspectos relativos ao campo teatral en Galicia.