fotocopia
fotocopia
(< foto- + copia)
-
s
f
[GRÁF]
Procedemento de copia baseado en métodos fotográficos ou electrofotográficos. Esta copia baséase no revelado instantáneo dun negativo que está recuberto de cloruro de prata, e que está en contacto directo cun soporte (positivo) recuberto de prata coloidal. Ao se estender o cloruro de prata sobre o soporte, prodúcese unha imaxe positiva. A xerografía substituíu actualmente este sistema.
-
s
f
Copia que se obtén polo sistema de fotocopia.