fotóforo

fotóforo

(< foto- + -foro)

  1. adx

    Que é luminescente.

  2. s m [ANAT]

    Órgano luminoso que presentan a maioría de crustáceos, cefalópodos e peixes que habitan a máis de 500 m de profundidade. Está formado por un grupo de células glandulares que contén un cultivo de bacterias luminescentes, envolto dunha capa de pigmentos escuros. A súa situación é moi variable, segundo as especies, pero normalmente está nas rexións ventrais do corpo, e ten unha función protectora fronte aos depredadores.

Palabras veciñas

fotófobo -ba | fotófono | fotoforese | fotóforo | fotoglicina | fotografable | fotografar