misa

misa

(< lat tardío missa ‘despedida’)

  1. [RELIX]
    1. s f

      Celebración da Eucaristía . O termo é empregado pola Igrexa Católica e por algunhas igrexas anglicanas. O significado da palabra latina missa, despedida, é o da expresión Ite, missa est (Ide, é a despedida) coa que se disolvía a congregación. Antes da proclamación do Edito de Milán (313), as primeiras comunidades cristiáns a celebrábana nas súas casas particulares. A partir desta data adoptouse a basílica romana ás súas necesidades. A forma en que se celebra a misa na liturxia romana está descrita na Ordenación xeral do Misal Romano, publicada por Paulo VI en 1969, de acordo cos decretos do Concilio Vaticano II. Actualmente, perderon importancia algunha das clasificacións antigas da misa (solemne, cantada, rezada), mentres outras conservaron o seu sentido (papal, pontifical, parroquial, conventual) ou adquiriron un novo relevo (concelebrada). O desenvolvemento litúrxico da misa consta de catro partes: rito de entrada; liturxia da Palabra; liturxia eucarística, parte culminante da celebración, que consiste na presentación do pan e do viño no ofertorio, a pregaria eucarística ou canon, a fracción do pan e a comuñón sacramental; e rito de despedida. Xaime Seixas Subirá, relixioso xesuíta, celebrou a primeira misa en galego no convento dominicano de San Domingos de Bonaval en 1965. Posteriormente solicitou ao Vaticano, , que no  Concilio Vaticano II aprobou a utilización das linguas vernáculas no rito romano, a aprobación da liturxia en galego.Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen chega tarde nin oe misa nin come carne”.

    2. misa baixa

      Expresión coa que antigamente se designaba a misa que non era cantada.

    3. misa cantada

      Misa celebrada por un só sacerdote e con canto.

    4. misa concelebrada

      Misa celebrada por varios sacerdotes á vez.

    5. misa conventual

      Cerimonia solemne diaria que celebra diariamente toda a comunidade dun convento ou mosteiro.

    6. misa de ánimas

      Misa que o párroco celebra polas ánimas do purgatorio coas esmolas que se recollen no peto das ánimas.

    7. misa de campaña

      Misa celebrada ao aire libre para os soldados ou para un grupo numeroso de civís.

    8. misa de corpo presente

      Misa que se di en presenza do cadáver o día do enterramento; aínda que tamén se pode celebrar outro día se ocorre algún inconveniente.

    9. misa de defuntos/réquiem

      Misa que se celebra polos mortos.

    10. misa de estaca

      Misa que se celebraba a hora fixa e nun altar determinado por unha fundación pía.

    11. misa de ouro

      Misa que celebra o sacerdote para conmemorar o cincuenta aniversario da súa primeira misa.

    12. misa de pitanza

      Misa que o párroco tiña que celebrar por cada casa como compensación polo tributo ou dereito de pitanza.

    13. misa de san Amador

      Cada unha das trinta misas que se daban polos defuntos. Era un costume típico dos ss XV e XVI, fundado nunha promesa de salvación deste santo.

    14. misa do alba

      Misa que se celebra ao comezo do día.

    15. misa do galo

      Misa solemne que se celebra na medianoite do 24 ao 25 de decembro.

    16. misa maior

      Misa que se celebra os días de festa, cantada, cun sacerdote celebrante, un diácono e un subdiácono.

    17. misa nova

      Primeira misa que di un sacerdote.

    18. misa solemne

      Misa cantada na que o diácono e outros ministros acompañan ao sacerdote.

    19. misa votiva

      Misa que se celebra en cumprimento dun voto ou para satisfacer unha devoción particular.

    20. misas gregorianas

      Misas que se celebran durante 30 días seguidos en honra dun defunto, polo xeral, os inmediatos ao enterro.

  2. s f [MÚS]

    Composición musical escrita sobre os textos ordinarios da misa (Kyrie, Gloria, Credo, Sanctus-Benedic22tus e Agnus Dei). Habitualmente eran interpretadas durante o culto, ata que Pío X (1903) limitou o repertorio. Entre as máis coñecidas figuran as de Dufay, Ockeghem, Josquin des Près, Palestrina, Byrd, T.L. de Vic22toria, e, nos ss XVIII e XIX, as de J.S. Bach (especialmente a Misa en si menor), W.A. Mozart, J.F. Haydn e F. Schubert. Entre os compositores italianos destacan L. Cherubini, Rossini e Verdi.

  3. misa negra [RELIX]

    Parodia da misa católica para implorar un favor ao demo, frecuentemente acompañada de actos lúbricos e mesmo de sacrificios humanos. De probable orixe maniquea, a práctica das misas negras foi recollida polos albixenses e comezou a difundirse por Europa a finais do s XIV.

Frases feitas

  • Estar coma os cans na misa. Estorbar.

  • 1 Expresa que alguén vai tardar.

  • 2 Expresa que algo xa pasou hai moito tempo.

  • Non ir no carro dun á misa. Non ser de confianza.

  • Non saber da misa a media. Non estar ben informado ou ignorar cousas.

  • Vaiche na misa

Refráns

  • A misa do galo, unha vez ao ano.
  • A misa e o pensamento son de pouco alimento.
  • Bo é a misa ir e a casa gardar.
  • Misa nova, crego vello.
  • Non hai misas coma as de carpo presente.
  • Non oe a misa a "campana" e a todos a misa chama.
  • Non todos van á misa por rezar.
  • Vale máis oír unha misa en vida, que moitas despois de marta.

Palabras veciñas

MIS | mis! | mis(o)- | misa | Misa | Misa, marquesado de | misacantano