Misal Auriense

Misal Auriense
[PUBLIC]

Incunable impreso en Monterrei o 3 de febreiro de 1494 por Gonzalo Rodrigo de la Pasera e Juan de Porras, contratado por encargo da Igrexa de Ourense e elaborado a dúas columnas, con tinta de calidade e destacados caracteres góticos. Trátase do primeiro destas características impreso en Galicia. Consérvanse dous exemplares, un en pergameo no arquivo da Catedral de Ourense, ao que lle faltan dúas follas; e outro en papel na Biblioteca Nacional de Madrid, que carece de seis follas. Existe ademais un fragmento de cinco follas en pergameo no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Foi coñecido e descrito desde o s XVIII.